A Asociación Española de Lingüística Aplicada (AESLA) é unha sociedade académica moi consolidada en España pois, dende a súa fundación en 1982, esta constituíu a entidade coordinadora das inquedanzas no eido da lingüística aplicada en España. Tal e como indican os Estatutos de AESLA, “o obxectivo específico da Asociación é fomentar, estimular e dar pulso en España ao estudo e investigación da lingüística aplicada en todas as súas manifestacións”.

AESLA foi neste tempo unha asociación moi dinámica no campo académico. Este dinamismo servíulle para integrar máis de 1000 socios e socias pertencentes a diversas disciplinas científicas, sempre con intereses cercanos ou centrais na lingüística aplicada. Entre as actividades regulares da asociación atópanse:

  • A organización anual de congresos internacionais de lingüística aplicada, en diversos puntos da xeografía de España, sempre ao abeiro das Universidades organizadoras. Estes congresos están organizados en torno a paneis temáticos e contan cunha asistencia media de 300-400 participantes, moitos deles estranxeiros. Ademáis das comunicacións e pósteres, os congresos anuais inclúen conferencias plenarias impartidas por académicos e profesionais de moito prestixio internacional, así como workshops ou seminarios organizados en torno a un aspecto concreto da lingüística aplicada. Unha selección dos traballos presentados nos congresos anuais atopa difusión nas actas publicadas por cada un dos comités organizadores.
  • Ademáis das actas dos congresos anuais, a publicación de dúas revistas de carácter científico, RESLA e RÆL. A primeira, nada en 1985, constitúe unha revista científica de prestixio, recollida en numerosos índices e rexistros de impacto, publicada pola editorial internacional John Benjamins. A segunda iniciativa editorial periódica de AESLA é a revista RÆL, con publicación electrónica en liña, a cual víu a luz no ano 2002. Malia que inicialmente RÆL estaba dirixida ao investigador ou investigadora aínda non consolidado, en moi poucos anos esta revista electrónica acadou a entrada en índices de impacto e bases de datos de prestixio internacional. Ámbalas dúas revistas teñen sistemas independentes e “cegos” de revisión das contribucións. En resumo, estas dúas revistas, RESLA e RÆL constitúen a mellor tarxeta de presentación da Asociación.

Xa que outro dos principais obxectivos de AESLA é o intercambio de información científica con asociacións afíns e con outras entidades tanto en España como radicadas no estranxeiro, sempre orientadas cara á difusión da lingüística aplicada e as linguas, foi en todo momento un fin prioritario de AESLA e das súas Xuntas Directivas establecer contactos con outras asociacións científicas. Deste xeito, por exemplo, AESLA está integrada en AILA (Association Internationale de Linguistique Appliquée), con sede en Bruxelas. De feito, todo socio ou socia de AESLA, polo feito de selo, é tamén socio/a de AILA e pode participar nos congresos internacionais que esta organiza cada tres anos.

A afiliación a AESLA propociona unha serie de vantaxes e de materiais, entre os que se atopan as actas dos congresos anuais, a revista RESLA e os seus monográficos, o acceso a RÆL, o boletín interno que edita a Xunta Directiva, así como o feito de ser membro tamén da asociación internacional AILA.

Publicaciones