Se encuentra usted aquí
AESLA (galego)
A Asociación Española de Lingüística Aplicada (AESLA) é unha sociedade académica moi consolidada en España pois, dende a súa fundación en 1982, esta constituíu a entidade coordinadora das inquedanzas no eido da lingüística aplicada en España. Tal e como indican os Estatutos de AESLA, “o obxectivo específico da Asociación é fomentar, estimular e dar pulso en España ao estudo e investigación da lingüística aplicada en todas as súas manifestacións”.
AESLA foi neste tempo unha asociación moi dinámica no campo académico. Este dinamismo servíulle para integrar máis de 1000 socios e socias pertencentes a diversas disciplinas científicas, sempre con intereses cercanos ou centrais na lingüística aplicada. Entre as actividades regulares da asociación atópanse:
Xa que outro dos principais obxectivos de AESLA é o intercambio de información científica con asociacións afíns e con outras entidades tanto en España como radicadas no estranxeiro, sempre orientadas cara á difusión da lingüística aplicada e as linguas, foi en todo momento un fin prioritario de AESLA e das súas Xuntas Directivas establecer contactos con outras asociacións científicas. Deste xeito, por exemplo, AESLA está integrada en AILA (Association Internationale de Linguistique Appliquée), con sede en Bruxelas. De feito, todo socio ou socia de AESLA, polo feito de selo, é tamén socio/a de AILA e pode participar nos congresos internacionais que esta organiza cada tres anos.
A afiliación a AESLA propociona unha serie de vantaxes e de materiais, entre os que se atopan as actas dos congresos anuais, a revista RESLA e os seus monográficos, o acceso a RÆL, o boletín interno que edita a Xunta Directiva, así como o feito de ser membro tamén da asociación internacional AILA.